Aprazada a Epic Race de BTT polas malas previsións meteorolóxicas
Por Diego Espiño
"Es el vídeo que no nos gustaría hacer nunca a ningún organizador". Con esas verbas o máximo responsable da organización da Epic Race Pontevedra de BTT, Josevi Cimadevila, arrincaba un vídeo no que confirma o adiamento da proba deportiva, prevista para os días 6, 7 e 8 de abril.
A causa de tomar esta decisión é a mala previsión meteorolóxica para a fin de semana, que consultaron coa axencia de MeteoGalicia. "Dan muchísima inestabilidad, bajada de temperaturas, entrada de un nuevo frente y Epic Race son 550 km, Epic Race es mañana, tarde y noche, Epic Race es estar sólo en el medio del monte", xustifica Cimadevila.
O adiamento busca velar "sobre todo por la seguridad de los deportistas", que debían completar 550 quilómetros de ruta nun máximo de 51 horas e cun desnivel positivo acumulado de 14.550 metros.
A pesar da mala noticia, a Epic Race mira agora cara a adiante xa que "la prueba no desaparece, la prueba se aplaza", polo que tamén confirmou a nova data de celebración da carreira, os días 15, 26 e 27 de maio.
Ante os inconvenientes que pode supoñer para os deportistas que ían participar, a organización anunciou que devolverá os cartos da inscrición a quen o solicite, e ademais abrirá proximamente un novo período para anotarse.
A segunda edición da Epic Race Pontevedra BTT conta cun percorrido deseñado de oito etapas que pasará por Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces, Forcarei, Redondela, Valença e A Lama antes de concluír de novo na capital provincial.