O Multisport Festival e o Mundial Junior de Balonmán 2019, eventos de "excepcional interese público"
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A organización do ITU Multisport Festival de Pontevedra, competición que supoñerá a celebración de ata 5 campionatos do Mundo de tríatlon na cidade de Lérez en 2019, recibiu este martes unha grata noticia coa presentación do proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado.
O evento foi recoñecido como de 'excepcional interese público' nos Orzamentos Xerais, o que supón un importante impulso especialmente a nivel captación de recursos económicos.
"O que significa é que as empresas e patrocinadores que queiran apostar por el van a ter unhas reducións fiscais importantes", explicou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, tras coñecer a noticia.
Tanto o Concello de Pontevedra como a Federación Española de Tríatlon levan meses traballando para conseguir esta catalogación con contactos co Consello Superior de Deportes que dirixe actualmente o anterior Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, con quen o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores chegou a tratar o tema en varias ocasións.
"É un pulo á hora de buscar os patrocinadores que farán sostible económicamente esta proba", recoñece Riveiro, que permitirá á organización "centrar os nosos esforzos en que os deportistas estean o mellor posible" e na imaxe que ofrecerá a cidade, que se converterá no centro do tríatlon mundial.
Aínda que o orzamento definitivo do ITU Multisport Festival 2019 debe aínda pecharse en próximas reunións coas administracións públicas e deportivas implicadas no comité organizador, a declaración de evento de excepcional interese público, no caso de aprobarse os Orzamentos Xerais do Estado, supón o primeiro éxito duns campionatos chamados a deixar pegada na cidade.
O festival multideporte promovido pola Federación Internacional de Tríatlon (ITU) supoñerá a celebración en Pontevedra, do 27 de abril ao 5 de maio de 2019, dos mundiais de tríatlon de longa distancia, tríatlon cros, dúatlon, aquatlón e aquabike.
O MUNDIAL JUNIOR DE BALONMÁN, TAMÉN INCLUÍDO
Na lista de eventos de especial interese tamén se atopa incluído o Campionato do Mundo Junior de balonmán 2019 no que Pontevedra será unha das súas sedes, concretamente na primeira fase da competición, xunto a Vigo e León.
A duración do programa de apoio a estes campionatos estenderase desde o 1 de xullo de 2018 ata o 31 de decembro do ano 2020.
Relacionadas:
-
Pontevedra, rumbo a Dinamarca para presentar o ITU Multisport 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O ITU World Multisport de Pontevedra será o "maior evento" deportivo de Galicia en 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O Mundial Junior 2019 de balonmán avanza na súa organización sen revelar a sede da final
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
O ITU Multisport Festival de Pontevedra, a un ano vista
Por Redacción |
-
Pontevedra quere a fase final do Mundial Junior de balonmán 2019
Por Diego Espiño |
-
Queres ser voluntario no Mundial de Triatlón de 2019?
Por David Arana |
-
As máximas autoridades deportivas apoian a Pontevedra na presentación do ITU Multisport Festival 2019
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival 2019 de Pontevedra define a súa estratexia de comunicación
Por Redacción |
-
Os mundiais de tríatlon de 2019, centro da promoción de Pontevedra en Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
"As sensacións son boas" tras a avaliación Federación Internacional Tríatlon
Por Redacción |