O taekwondo pontevedrés, a bo nivel en Alacante
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés estivo ben representado en Alacante no recente Open de España para as modalidades de Técnica e Freestyle e tamén para a de Combate nas categorías cadete e junior.
No primeiro destes campionatos contou cuns resultados destacados Marcos Silva (Mace Sport), ao sumar dúas medallas de bronce.
A primeira conseguiuna en 'pumses' sénior 1, onde sumou os seus primeiros puntos no ránking nacional, pero máis importante foi a medalla lograda en Freestyle Sénior de máis de 18 anos, a súa especialidade. Aquí o deportista pontevedrés foi superado soamente por un representante alemán, conseguindo un resultado que lle coloca primeiro na clasificación nacional a falta só do Campionato de España para poder gañar o dereito para participar no Campionato do Mundo.
En Freestyle participou tamén Adrián Ventín (Mace Sport), cunha meritoria quinta posición.
MEDALLAS PARA TAEKANART, MACE SPORT E MAT'S NO OPEN CADETE E JUNIOR
Na modalidade de combate non lle foron mal as cousas tampouco ao taekwondo pontevedrés, sobre todo en idade junior, onde Iván Rodríguez (Taekanart) e Carlos Medranda (Mace Sport) lograron subir ao podio.
Iván foi o que conseguiu un mellor resultado ao facerse coa medalla de ouro en -73 quilos, vencendo na final ao andaluz Manuel Aranda (11-8). Antes superara a e cuartos de final a Alberto Carlos Ailisoaie (15-13) e na semifinal a Kyle Clarence Camorongan (12-5). Pola súa banda Carlos Medranda logrou a medalla de bronce en -55 quilos ao caer na semifinal ante o tamén galego Anxo Díaz.
En idade cadete a mellor noticia foi a medalla de ouro de Silvia Otero (Mat' s) en -29 quilos, tras vencer en primeira rolda a Helena Gadea (4-2), despois a Sofía García (1-0) e na final a Alba Jia Baz (1-0).
Relacionadas:
-
O taekwondo galego e mexicano estreita lazos no CGTD
Por Redacción |
-
Unai Silva saca o billete para o Mundial Junior de Taekwondo
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Unai Silva, ouro e prata no prestixioso Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso, cun ouro, lidera á armada pontevedresa no Nacional Absoluto de Taekwondo
Por Redacción |