Marín, preparada para converterse en capital galega do fútbol sala
Por Redacción
O Concello de Marín acolleu este luns a presentación oficial da fase final da XII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que se vai a disputar o sábado 31 de marzo e o domingo 1 de abril no pavillón da Raña.
O Poio Pescamar defenderá o título autonómico ante Ourense Envialida, Burela Pescados Rubén e Cidade das Burgas.
Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa María Ramallo, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides e tamén o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen agradeceu aos catro clubs implicados na organización do evento (O Fisgón, Ancora D’Ouro, E.D. Marín e La Peña) a súa implicación para poder levala a cabo.
A Copa Galicia levantará o pano o sábado 31 de marzo na Raña coas semifinais entre Ourense Envialia e Burela (17:30 horas) e entre Poio Pescamar e Cidade das Burgas (19:30 horas).
O domingo pola súa banda disputarase a gran final ás 19:00 horas, precedida pola primeira edición da Minicopa Galicia Infantil que enfrontará aos equipos do Poio Pescamar e A Fervenza (Burela FS).
Relacionadas:
-
Un gol de Jenny Lores sobre a bucina dálle ao Poio Pescamar a súa segunda Copa Galicia
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar pasa á final e defenderá o seu título da Copa Galicia ante o Burela
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Copa Galicia de fútbol sala decidirase en Marín
Por Redacción |
-
O Cidade das Burgas, rival do Poio Pescamar en liga e na fase final da Copa Xunta
Por Redacción |