Máis de medio milleiro de nadadores e ata 186 clubs dan lustre ao Nacional Infantil de natación
Por Redacción
A natación tomará a testemuña do waterpolo o vindeiro domingo 25 de marzo na piscina olímpica das Complexo Rías do Sur de Pontemuiños coa celebración, do XXXVIII Campionato de España de Natación Infantil de Inverno.
A proba, organizada polo Club Natación Galaico e a Real Federación Española de Natación coa colaboración do Concello de Pontevedra, foi presentada oficialmente este venres.
En total competirán en Pontevedra ata o mércores día 28 de marzo 511 nadadores e nadadoras de 186 clubs de todo o territorio nacional.
O campionato iniciarase o domingo en sesión de tarde (17:00 horas) coas probas de 1.500 libre masculino, remudas 4x100 e os 800 libre feminino, disciplina na que participará a única representante do club anfritión inscrita, Alicia Bouzas, que tamén tomará parte do 400 libre.
O resto de xornadas a competición contará con dobre sesión, a partir das 9:30 horas pola mañá e das 17:30 horas pola tarde, salvo o mércores (17:00 horas).