O piragüismo pontevedrés exhibe o seu poderío no Campionato de España de Inverno
Por Redacción
Bos resultados para o piragüismo galego, e para o pontevedrés en particular, no Campionato de España de Inverno Junior, Sub-23 e Sénior celebrado en Sevilla.
Na pista da Illa da Cartuxa o equipo galego alcanzou un record particular de 17 medallas, algunhas das cales levaron a firma de deportistas do Breogán do Grobe, Naútico O Muíño, Club Naval de Pontevedra ou Ciudad de Pontevedra.
Na categoría sénior, en canoa, e baixo unha distancia de 5.000 metros, o Breogán mostrou o seu potencial ao copar as tres posiciones do podio. O vencedor foi Tono Campos seguido dos seus compañeiros Diego Romero e Noel Domínguez.
Pola súa banda, Antía Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) na súa primeira participación na categoría absoluta conquistou a medalla de bronce no C-1.
O idade Sub-23, Iago Monteagudo (Club Naval de Pontevedra) loitou nun emocionante sprint final polo ouro do K-1, aínda que finalmente tivo que conformarse cunha meritoria medalla de bronce.
Foi na categoría xuvenil onde máis brillou Galicia, ao facerse con sete das oito medallas posibles. Delas destaca o ouro de Manuel Fontán e María Pérez (Náutico O Muíño) no C-1. Ademais María de la Peña (Ciudad de Pontevedra) levou a prata, tamén na canoa individual.
O palmarés do campionato pechouno Elena Naveiro (Breogán) ao facerse co triunfo na súa categoría na modalidade de paracanoe.