O Teucro non renuncia a dar a sopresa copeira en Guadalaxara
Por Diego Espiño
Dous goles de desvantaxe e 60 minutos separan ao cadro teucrista da Final a 8 da Copa do Rei. Un premio demasiado goloso para renunciar a el sen presentar batalla, aínda que de esguello apareza no horizonte un importante duelo o sábado en Puente Genil.
Antes diso, a Sociedad Deportiva Teucro afronta este mércores (20:30 horas, Pavillón David Santamaría) o partido de volta da cuarta eliminatoria da Copa visitando a un Guadalajara que ademais de ser unha das sensacións da tempada na Liga Asobal defenderá o 27-29 que logrou no Municipal pontevedrés.
"Dos goles en balonmano es una renta perfectamente superable", avisa Quique Domínguez, a pesar de que "no hay que ocultar que es el favorito", sinalou en relación ao rival no que será o cuarto enfrontamento entre ambos os dous esta tempada.
Unha semana máis os de Quique Domínguez deberán sobrepoñerse aos problemas físicos e ás ausencias de varios xogadores (Carlos García, Óscar Silva e Rial), pero prometen batalla e deixarse ata a última pinga de suor na pista.
O plan de viaxe do equipo teucrista a Guadalaxara inclúe un desprazamento en avión a Madrid á primeira hora da mañá do mércores para chegar despois por estrada á localidade manchega. Os azuis afrontan un dobre desprazamento entre liga e copa e xa non regresarán á Boa Vila ata o domingo.
Os colexiados do encontro serán Fernández Fernández e Martín Franco, das demarcacións territoriais de Asturias e Castela-León.
MALESTAR POLO ADIANTAMENTO DO ENCONTRO DE LIGA ANTE ADEMAR
O Teucro está inmerso nun auténtica maratón de partidos, que por encima afronta co seu plantel mermado polas lesións, e ese esforzo extra terá agora unha cita máis, a de liga que lles enfrontará ao Ademar de León.
No club pontevedrés confiaban en poder gozar dunha semana tranquila de recuperación tras a viaxe a Puente Genil, pero Asobal debido aos intereses televisivos de Movistar+ decidiu adiantar ao mércores 21 de marzo (20:30 horas) a cita que se disputará no Pavillón Municipal dos Deportes, o que provocou certo malestar na cidade do Lérez, xa que o conxunto leonés non ten que afrontar esa semana competición euopea.
Relacionadas:
-
O cansazo pasa factura ao Teucro en Puente Genil (25-21)
Por Redacción |
-
O Teucro roza a proeza pero queda eliminado na prórroga ante Guadalajara (33-34)
Por Redacción |
-
A vontade non lle chega ao Teucro para dobregar a un sólido Huesca (28-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Copa, costa arriba para o Teucro tras caer nun polémico final ante o Guadalajara (27-29)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |