A Selección Española de fútbol sala xogará en Pontevedra o 2 de abril ante Finlandia
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá este ano un novo partido internacional, esta vez da Selección Española Absoluta de Fútbol Sala.
A Real Federación Española de Fútbol fixo oficial este xoves os primeiros compromisos do combinado nacional tras o seu recente subcampionato de Europa, conseguido o pasado mes de febreiro en Eslovenia.
Finlandia será o rival da selección adestrada por José Venancio, que afrontará catro días de concentración en Galicia cun dobre compromiso amigable.
O equipo español chegará a Pontevedra o domingo 1 de abril, e será un día despois, o luns 2 de abril, cando os afeccionados da Boa Vila poidan gozar do espectáculo do mellor fútbol sala a partir das 19:30 horas.
Ao día seguinte, ás 20:00 horas, España e Finlandia volverán ver as caras no pavillón ferrolán da Malata.
Relacionadas:
-
A Selección Española de fútbol sala faise notar en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Portas abertas no Municipal para os adestramentos da Selección Española de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
José Venancio desvela a convocatoria da Selección Española de fútbol sala que xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
As entradas para o España-Finlandia de fútbol sala, a 10 euros na venda anticipada
Por Redacción |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |