O Club Voleibol Pontevedra finaliza a liga regular na sétima praza
Por Redacción
Cun sorriso concluíu o Club Voleibol Pontevedra a competición regular na Primeira División Feminina Galega.
O conxunto pontevedrés conseguiu na última xornada un cómodo triunfo na casa ante o Boiro, por tres sets a cero, e finaliza esta fase da tempada na sétima posición.
O CVP superou ao seu rival por 25-17 no primeiro parcial, por 25-10 no segundo e redondeou o marcador cun 25-20 no terceiro set.
Agora as pontevedresas pensan xa na segunda fase, onde se medirán ao Zalaeta, segundo clasificado, na busca dunha praza entre os catro equipos que se disputará o campionato galego.
Esta segunda fase de liga dará comezo o próximo 17 de marzo.