Queres ser voluntario no Mundial de Triatlón de 2019?
Por David Arana
Con motivo da elección de Pontevedra como sede do ITU Multisport Festival de Tríatlon, a organización Festri presentou xunto á concelleira de deportes Anxos Riveiro a súa proposta de voluntariado para este 2018. Este evento traerá á cidade cinco mundiais desta disciplina deportiva durante o ano 2019 e a el súmanse a celebración do mundial júnior de balonmán e o mundial de loita. A proposta está orientada á preparación dos voluntarios para estes eventos deportivos que terán lugar o próximo ano e a organización espera recibir máis de 800 persoas, superando ás 600 do ano 2014.
Todos aqueles que queiran inscribirse como voluntarios poderano facer a partir da semana que vén a través do teléfono 644 890 595 ou enviando un correo electrónico á dirección oficinadevoluntariado@gmail.com. O único requisito é ter moitas ilusión por axudar e contar con 16 anos cumpridos, sendo necesario un permiso paterno para os menores de idade.
Festri poñerá en marcha unha campaña para a captación de futuros voluntarios e terá presenza tanto na rúa como nas redes sociais. Ademais, este sábado 3 de marzo ás 20:00 horas terá lugar un acto no Centro Social Gorgullón onde se presentará o espazo que utilizará o voluntariado para o exercicio das súas actividades. Estas se realizarán os venres pola tarde e os sábados pola mañá. A organización ofrecerá a aquelas persoas que queiran formar parte das actividades acreditacións e certificados que os distingan como voluntarios, así como un seguro para todas as actividades que realicen e encontros con outros voluntarios.
Relacionadas:
-
Eivissa, banco de probas para o voluntariado pontevedrés para os mundiais de tríatlon de 2019
Por Redacción |
-
O ITU World Multisport de Pontevedra será o "maior evento" deportivo de Galicia en 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O ITU Multisport Festival de Pontevedra, a un ano vista
Por Redacción |
-
O Multisport Festival e o Mundial Junior de Balonmán 2019, eventos de "excepcional interese público"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Os eventos deportivos previstos en marzo atraerán preto de 1.300 deportistas, segundo o Concello
Por Redacción |
-
As máximas autoridades deportivas apoian a Pontevedra na presentación do ITU Multisport Festival 2019
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival 2019 de Pontevedra define a súa estratexia de comunicación
Por Redacción |
-
Os mundiais de tríatlon de 2019, centro da promoción de Pontevedra en Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |