O Poio Pescamar refórzase coa peche brasileira Daniella Sousa
Por Redacción
Nova incorporación do Poio Pescamar, que busca reforzar o seu plantel no tramo final de tempada para consolidarse nos postos de Copa e tentar chegar o máis lonxe posible na competición.
O club vermello anunciou este mércores a fichaxe da xogadora brasileira Daniella Sousa. Trátase dunha futbolista que actúa no posto de peche e que conta "con chegada a portería e con calidade", aseguran desde a entidade.
Tras a anterior chegada de Delise Geraldo, trátase da segunda fichaxe do Poio en metade da tempada.
Daniella Sousa procede do Celemaster Uruguaianense do seu país, equipo co que se proclamou campioa do Torneo Nacional Gaucho e subcampioa da Taça de Brasil.
A nova futbolista vermella ten previsto incorporarse aos adestramentos do equipo este mesmo xoves.
Relacionadas:
-
O Móstoles sorprende a un desacertado Poio Pescamar (2-0)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar non ten piedade do pechacancelas Cádiz (6-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Daniella Sousa, lista para debutar co Poio Pescamar na visita do Cádiz
Por Redacción |
-
Poio Pescamar cura feridas á conta dun débil Cidade das Burgas (0-5)
Por Redacción |
-
O Cidade das Burgas, rival do Poio Pescamar en liga e na fase final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Poio Pescamar dá a de area e cae ante Penya Esplugues (1-4)
Por Redacción |