Poio Pescamar cura feridas á conta dun débil Cidade das Burgas (0-5)
Por Redacción
Non houbo cor nin apenas historia. O Poio Pescamar resolveu o seu partido con dous goles en pouco máis de catro minutos e logo paseouse sobre a pista dos Remedios para lograr unha cómoda vitoria sobre o vicecolista Cidade das Burgas.
Nos primeiro minuto de xogo as visitantes abrían o marcador por medio de Iria que anotaba a porta baleira tras roubo de balón en primeira liña de Jenny e pouco despois, Ceci aproveitaba un envío en longo de Silvia que non lograba blocar a porteira local rematando o balón solto a porta baleira.
Tentou reaccionar timidamente o equipo local subindo a liña de presión e por momento mesmo conseguiu equilibrar o xogo, pero foi incapaz de xerar claro perigo e o Poio Pescamar sentenciaba co terceiro tanto antes do descanso, cun gol de Ale de Paz aproveitando un balón solto á saída dun saque de esquina.
Na segunda aparte, o Poio Pescamar optaba por contemporizar as súas posesións e xogar co marcador a favor, ante un Cidade que presionaba en media pista, ata que aos 26 minutos, Delise inauguraba a súa conta co Poio, aproveitando un roubo en primeira liña para plantarse ante Iria e superala por alto.
Pecharía a conta o conxunto visitante pouco despois, nun erro na saída de balón das locais que permitía a Jenny marcar desde metade de pista o definitivo 0-5.
CIDADE DAS BURGAS (0): Iria; Clara, Figo, María Arias e Sonia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Nahir, Amelia, Nati, Canolich, Inés, Antía e Xiana.
POIO PESCAMAR (5): Silvia; Iria, Jenny, Ale de Paz e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Cárol, Jessy, Delise, Yoli, Patri e Mónica (segunda porteira).
Árbitros: Roberto Amor e Mario Salinas (Galicia) Amoestaron a Jenny e Jessy no Poio e a Nati no Cidade.
Goles: (0-1) Minuto 1: Iria. (0-2) Minuto 4: Ceci. (0-3) Minuto 18: Ale de Paz. (0-4) Minuto 26: Delise. (0-5) Minuto 29: Jenny.
Incidencias: Pavillón Municipal dos Remedios (Ourense). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar non ten piedade do pechacancelas Cádiz (6-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Daniella Sousa, lista para debutar co Poio Pescamar na visita do Cádiz
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa peche brasileira Daniella Sousa
Por Redacción |
-
O Cidade das Burgas, rival do Poio Pescamar en liga e na fase final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Poio Pescamar dá a de area e cae ante Penya Esplugues (1-4)
Por Redacción |
-
Recoñecemento ao deporte local nos premios Poio Móvese
Por Redacción |