Luis Piña ante o Campionato de España de Dúatlon: "O espectáculo está asegurado"
Por Redacción
O director técnico da Federación Galega de Tríatlon, Luís Piña, analiza o próximo Campionato de España de Dúatlon que se celebrará el próximo fin de semana en Pontevedra, asegurando que Galicia ten moitas opcións de medalla.
Cómo definirías o percorrido?
"O tramo de carreira a pé que discorrerá integramente a beiras do Lérez creo que dará gran vistosidade á proba"
O sector de carreira a pé é unha carreira rápida dende o punto de vista deportivo e especialmente vistoso para o público. Como novidade, as dúas transicións en todas e cada unha das categorías así como a meta realizaranse dentro do estadio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Este feito unido a que o tramo de carreira a pé discorrerá integramente a beiras do Lérez creo que dará gran vistosidade á proba, ao tempo que se poderá seguir a carreira con gran facilidade por parte do público asistente. O tramo de bicicleta é xa un vello coñecido para os deportistas que competiron en edicións anteriores no tríatlon e no que o espectáculo está asegurado.
Que esperas dos deportistas galegos neste torneo?
Galicia estará moi presente tanto en número coma en calidade. No apartado de clubs sen dúbida Wild Wolf Cidade de Lugo, Triatlon Ferrol e Arcade Inforhouse loitarán por estar no máis alto do caixón. A título individual teremos grandes posibilidades en practicamente todas as categorías. En elite masculino a nosa mellor opción pasará por Gustavo Rodríguez, que tratará de mellorar ese fantástico segundo posto do pasado ano. Estefanía Domínguez, Melina Alonso e Aída Valiño sen dúbida tamén poñeránseo moi difícil ao resto de deportistas da categoría elite feminina. Representante de luxo tamén teremos no apartado de paraduatlon coa campioa do mundo Susana Rodríguez. Nas categorías dos máis novos tamén haberá grandes expectativas de triunfo: Camila Alonso (1ª en 2012) e Diana Cotón (3ª en 2012) en júnior feminino e Antonio Serrat, nun grande estado de forma, tamén fainos ter grandes esperanzas en categoría masculina. En categoría cadete a verdade é que o abano é moi amplo, xa que a representación dos clubs galegos é realmente grande. Inés Santiago, Sara Gómez, Aroa Freije ou Andrés Cendán poden ser algúns dos que nos traian as maiores alegrías para o dúatlon galego. Tampouco podemos esquecer os grupos de idade, no que os numerosos duatletas galegos se baterán por alzarse en postos destacados nas diversas categorías.
Cómo está sendo esta temporada para a Federación Galega no aspecto deportivo?
No aspecto deportivo podemos dicir que esta vai ser a primeira gran cita para moitos dos nosos, exceptuando algúns dos triatletas internacionais que xa arrancaron a tempada hai unhas semanas e con moi bo pé.
Detrás dos grandes campións que ten Galicia nestes momentos, podemos dicir que hai grandes promesas?
Non hai dúbida que o traballo de base cos mozos deportistas nos está garantindo que o tríatlon galego seguirá brillando no futuro.
O campionato de España será unha boa proba para o Mundial do próximo ano?
Pontevedra é unha cidade que ofrece garantías á hora de organizar probas de máximo nivel. Os ingredientes deste éxito son tres: A experiencia adquirida na organización de tríatlons internacionais en edicións anteriores, a excelente resposta deportiva tanto en calidade coma en cantidade de deportistas de máximo nivel que ofrece Galicia e en especial Pontevedra e unha resposta masiva da cidade que fai un pouco seu cada un dos logros dos nosos deportistas. O campionato de España de Dúatlon 2013 será a posta a punto definitiva para poder afrontar coas máximas garantías o mundial do próximo ano.