O xeonllo de Yoan Balázquez mantén en albas ao teucrismo
Por Diego Espiño
A derrota sufrida ante o Anaitasuna, ademais da rabia por suceder nos segundos finais tras un titánico esforzo do equipo, deixou unha importante consecuencia na Sociedad Deportiva Teucro, a lesión de Yoan Balázquez.
O lateral cubano, segundo máximo artillero da Liga Asobal con 118 tantos e peza clave nos esquemas de Quique Domínguez, fíxose dano nunha acción desafortunada nos compases iniciais do choque, cando un rival caeu sobre el atrapando a súa perna esquerda e provocando que abandonara o encontro.
"Quise salir y no pude, me quedé abajo y me cogió, me pisó la rodilla sin querer", explica un día despois o xogador teucrista recordando o lance.
Aínda que se mostra "tranquilo", recoñece que a dor na articulación segue sendo importante. En todo caso "como estaba fuerte, es difícil que se vaya a fastidiar", sinala esperanzado en que a lesión non revista especial importancia.
A intención do club é que Balázquez poida pasar consulta médica este venres para coñecer máis detalles da dolencia, sen descartar que sexa sometido a unha resonancia magnética.
Aínda que o lateral confía en axudar canto antes ao seu equipo, o tempo corre na súa contra a menos dunha semana para o próximo compromiso liguero, o mércores 21 de febreiro en Granollers.
CARLOS GARCÍA, AÍNDA PENDENTE DE DIAGNÓSTICO
Os problemas acumúlanselle ao cadro pontevedrés, mermado polas lesións nas últimas xornadas e que segue á espera de diagnóstico con respecto á dolencia no pé que arrastra Carlos García. O extremo e capitán do equipo foi sometido a unha resonancia magnética da que se espera coñecer o resultado nas próximas horas para fixar con maior exactitude unha data de regreso ás canchas de xogo.
Relacionadas:
-
O Teucro, aínda sen Balázquez, visita a un necesitado Puerto Sagunto
Por Diego Espiño |
-
Badalada do Teucro en Granollers (26-28)
Por Redacción |
-
O Teucro viaxa a Granollers sen Yoán Balázquez aínda que a lesión do lateral cubano queda nunha escordadura
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro loita contra as adversidades pero cae nun cruel final ante o Anaitasuna (19-20)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Puntazo dun enorme Teucro en Guadalaxara (33-33)
Por Redacción |