A sincronizada galega ten unha cita en Pontemuíños
Por Diego Espiño
A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur será escenario o vindeiro sábado 17 de febreiro do Campionato Galego de Inverno de Natación Artística.
A cita, que foi presentada este martes pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e a presidenta do Galaico Sincro, Belén Álvarez, reunirá preto de 130 deportistas pertencentes a seis clubs de Galicia.
Ademais do propio Galaico Sincro e do Club Natación Sincronizada Pontevedra participarán no campionato o RCN Vigo, Sincro Ferrol, Portamiña de Lugo e Sincro Ourense.
A competición, para as categorías alevín, infantil e junior, comezará ás 10:00 horas da mañá con probas técnicas e retomarase en horario de tarde, desde as 17:00 horas, coas rutinas combinadas.
"Hemos intentado que sea un ensayo del Campeonato de España que es dentro de dos semanas", recoñeceu na presentación Belén Álvarez en referencia aos torneos nacionais que as nadadoras de categoría infantil e alevín disputarán proximamente en Zaragoza e as deportistas junior en Valladolid.
Relacionadas:
-
O Galaico Sincro relaciónase cos mellores clubs de España
Por Redacción |
-
Éxito do Galaico Sincro no campionato galego de inverno de natación artística
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- O Galaico Sincro recolle a luva da unificación na natación sincronizada de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Éxito para o Galaico Sincro, subcampión do España alevín
Por Redacción |
-
A piscina olímpica contáxiase da paixón pola natación sincronizada
Por Redacción & Diego Torrado |