Problemas de financiamento obrigan a suspender o tríatlon 113 Swim Ride Run de Sanxenxo
Por Diego Espiño
O tríatlon 113 Swim Ride Run de Sanxenxo non terá terceira edición en 2018, tal e como estaba previsto.
Problemas de financiamento obrigaron a organización do evento a poñer punto e final cancenlando a proba que se ía a celebrar o próximo 20 de maio.
Esta decisión tómase "tras non formalizarse os acordos económicos previstos nun principio", sinalan nun breve comunicado, facendo inviable a súa organización.
"Sempre é duro tomar unha decisión deste tipo pero cremos que é o mellor neste momento e con esta antelación para tratar de prexudicar o mínimo posible os triatletas para que poidan organizar o seu calendario e a outros organizadores", explican antes de agradecer a colaboración de voluntarios, deportistas, patrocinadores, clubs e institucións nas súas dúas edicións previas.
O 113 Swim Ride Ride de Sanxenxo fora a carreira escollida os dous últimos anos como Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia.