Clara derrota do Marín na casa ante o Unión Grove (0-3) que o condena ao descenso
Por Redacción
Só era cuestión de tempo. Despois de nove xornadas sen gañar a permanencia era unha auténtica quimera para o Marín, pero o decenso matemático dende a Terceira División do Céltiga deu a puntilla aos de Toño Lodeiro polo arrastre que leva consigo.
A falta de catro partidos para o final de liga a perda de categoría é un feito despois de caer na casa con claridade ante o Unión Grove (0-3).
Os marineses evidenciaron a súa falta de pegada nun encontro no que os visitantes si estiveron acertados na definición. Félix no minuto 11 e Ramón en dúas ocasións (39 e 45) saldaron o duelo pola vía rápida.
MARÍN CF (0): Carlos Oroza, Alfonso (Agus, min.45), André, Tinaia, Romero, Joaquín (Solla, min.45), Eric, Dani Domínguez, Marcos (Pibe, min.45), Borja Rial, Cristian (Santi, min.67).
USD O GROVE (3): Jose (Andro, min.79), Anxo, Félix, Nogueira, Muelles (Rafa, min.87), Borja, Iván, Jandro (Miguel, min.83), Álex (Mateo, min.73), Ameneiro (Turu, min.37), Ramón.
Árbitro: Quintela Baluja (Santiago). Amoestou aos locais André e Eric e ao visitante Nogueira.
Goles: 0-1 Félix, min.11; 0-2 Ramón, min.39; 0-3 Ramón, min.45.
Incidencias: Partido disputado no Estadio de San Pedro, Marín.