O squash reclama protagonismo a base de medallas
Por Redacción
O 2018 é un ano especial para un deporte como o squash en Pontevedra, non en balde ao bo nivel que os seus deportistas levan varios anos ofrecendo, a cidade acollerá varios eventos de categoría nacional.
No primeiro deles, o Campionato de España Sub-19 celebrado nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños, o Squash Pontevedra sumou ademais dúas medallas.
Marta Domínguez proclamouse na casa campioa nacional, mentres que o seu compañeiro Gonzalo Romero foi prata ao ceder unicamente na final.
Este éxito motivou a recepción oficial aos deportistas e responsables do club ofrecida este luns no Concello polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
Na mente de todos eles está seguir dando alegrías nunha tempada na que Pontevedra ten un lugar destacado no calendario xa que será sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas entre o 21 e o 23 de setembro.
Relacionadas:
-
O Squash Pontevedra, protagonista na Copa de España Sub-19
Por Redacción |
-
O squash sae á rúa en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Marta Domínguez e Xisela Aranda ascenden con España á 1ª División europea de squash
Por Redacción |
-
A pontevedresa Marta Domínguez proclámase na casa campioa de España de squash
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Miguel Novegil segue a dar guerra no squash galego
Por Redacción |
-
O Squash Pontevedra, satisfeito polo papel dos seus xogadores no Campionato Galego
Por Redacción |