Os ximnásticos Manuel Hurtado e Inés Castaño, campións galegos de cros
Por Redacción
Ribadavia foi escenario este domingo do Campionato Galego de Cros, con bos resultados especialmente para a Gimnástica de Pontevedra.
Un dos seus atletas, Manuel Hurtado, conseguiu a medalla de ouro na proba senior masculina facendo dobrete co triunfo unha semana atrás no cros curto. Logrou un tempo de 28 minutos e 16 segundos, superando a Pablo Miguel García, do San Miguel de Marín (28:27) e ao vigués Antonio Serrat (28:32).
Nesta categoría fixo historia como club o San Miguel de Marín, ao subir por primeira vez ao podio por equipos desta competición en segundo lugar, só superado polo ADAS Proinor.
O outro ouro para a Sociedad Gimnástica foi o conseguido por Inés Castaño na categoría junior cun tempo de 20 minutos e 12 segundos, superando por cinco segundos por Elena Costas.
En canto á proba senior feminina, a gran vencedora foi Leticia Fernández (ADAS Pronior), por diante da súa compañeira de equipo Sandra Mosquera e de Clarisse María Pinho (Comesaña).
Relacionadas:
-
O atleta da Gimnástica Anxo Blanco proclámase en Salamanca campión de España Sub-23
Por Redacción |
-
Os equipos da Gimnástica dan o talle no Campionato Galego de Cros Curto
Por Redacción |
-
RADIO.- Charo Castro: "Touza sempre estivo a pé do canón na Gimnástica e iso sempre me pareceu moi importante"
Por Marisa Ciordia |
-
Charo Castro, nova presidenta da Sociedad Gimnástica
Por Diego Espiño |