Amenabar Zarautz frea a marcha do Cisne nun intenso partido (31-27)
Por Redacción
Freou Amenabar Zarautz a boa marcha do Cisne, nun partido igualado pero sempre con iniciativa do equipo vasco, que soubo aproveitar seis minutos de seca ofensiva dos pontevedreses na segunda parte para inclinar a balanza ao seu favor.
Comezo frenético, con ambos os equipos entregados á tolemia dun vibrante intercambio de golpes e goles. Fortísimo ritmo, ataques rápidos e defensas incapaces de frear esa tolemia. A consecuencia foron nada menos que 18 tantos (10-8) en tan só 13 minutos. A iniciativa correspondeu sempre ao equipo local, que superado o ecuador do período inicial ampliou a súa vantaxe a tres.
Respondeu o Cisne, que nivelou o tenteo de novo (13-13) para manter esa tónica de igualdade e sen que ningún equipo lograse despegarse ata o descanso (16-15).
A segunda parte mantivo a mesma tónica, co Cisne sempre preto do seu rival, pero tamén sempre a remolque, sen poder pasar nunca do empate. Así sucedeu ata o minuto 38 (19-19), momento no que os de Jabato entraron nunha fochanca que terminaría custándolles o partido.
Zarautz conseguiu en pouco máis de seis minutos un parcial de 5-0 que xa sería insalvable para os brancos. Os locais poñían pouco despois a maior diferenza (26-20). O Cisne non se rendeu, pese ao pouco tempo que quedaba e achegouse a só dous goles (29-27). Quedaban algo máis de tres minutos, pero a parella arbitral excluíu a Jabato e os locais aproveitaron a superioridade para sentenciar (31-27).
Consulta as estatísticas do partido entre Amenabar Zarautz e Cisne na web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
O Cisne afunde ao final e cae na súa visita ao Barcelona B (29-23)
Por Redacción |
-
O Cisne acumula erros e "regala" o partido a Alarcos (23-24)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Discreto partido con derrota do Cisne en Bordils (30-26)
Por Redacción |
-
Vitoria do Cisne sobre Auto Gomas Sinfín noutro final de infarto (25-24)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Remonta o Cisne para impoñerse nun rocambolesco final a Agustinos (30-29)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Unha xornada especial para o Cisne, que volve ao Municipal
Por Redacción |