Eder Díez aterra no Pontevedra: "No puedo prometer 20 goles, pero sí mucha entrega"
Por Diego Espiño
A cuarta e última fichaxe de inverno do Pontevedra Club de Fútbol, Eder Díez, xa exerce como granate tras ser presentado este xoves no Estadio Municipal de Pasarón.
O dianteiro vasco, recentemente chegado de Portugal onde defendía as cores do AD Fafe, asegurou que o Pontevedra supón "un buen reto para hacer que un club histórico permanezca en el lugar que merece".
Eder asina como o resto de fichaxes invernais ata final de campaña pero coa posibilidade de prolongar o seu contrato un ano máis a beiras do Lérez.
Despois dunhas últimas tempadas nos que non destacou especialmente en cifras goleadoras o ariete defendeu que "no puedo prometer 20 goles, pero sí mucha entrega en cada entrenamiento y partido".
As súas condicións, con 187 centímetros de estatura, non impiden segundo o responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, que se trate dun xogador que "tiene calidad" e que se caracteriza por ser "muy vertical" xerando boas opcións de ataque.
Tras chegar a Pontevedra por estrada a media tarde deste xoves, Eder Díez poñerase a disposición de Luismi no adestramento previsto este venres no campo da Xunqueira, estando dispoñible se o técnico así o considera para entrar na convocatoria do duelo ante o Fuenlabrada.
ROBERTO FEÁNS VALORA O MERCADO DE FICHAXES
Pechado o mercado de inverno na Segunda División B, o director deportivo do Pontevedra e membro do Consello de Administración, Roberto Feáns, fixo balance das últimas semanas asegurando que "creo que el objetivo principal se ha conseguido", que era sumar á plantel futbolistas con experiencia na categoría.
Roberto Feáns: "No hemos mirado el dinero, hemos mirado el perfil de los futbolistas"
Para o directivo granate fose "probablemente a etapa máis dura" de fichaxes pola importante competencia que se produciu con outros equipos do grupo e da categoría, ao que se suma o que cualificou de saída inesperada no caso de Bruno Rivada.
"No hemos mirado el dinero, hemos mirado el perfil de los futbolistas", asegurou Feáns despois de semanas de seguimento e valoración de propostas, sinalando que "agora lle toca aos xogadores".
Por último, ante as críticas chegadas desde parte da contorna do club, o responsable da planificación deportiva defendeuse con ton contundente explicando que "si el equipo fuese una mierda yo no hubiera tenido ofertas porr seis jugadores", en relación ao interese doutras entidades nos futbolistas que permanecen no primeiro plantel.