Ponte Caldelas renovará este ano o céspede sintético de Chan da Barcia
Por Redacción
O campo de fútbol de Chan da Barcia renovará a súa superficie de céspede artificial antes de conclúa o ano. Así llo anunciou o goberno local á directiva da SCD Ponte Caldelas.
A obra, que o Concello valora en aproximadamente 130.000 euros, será financiada a través de fondos do Plan Concellos da Deputación, a falta da aprobación formal necesaria que esperan se poida producir no mes de marzo.
A herba sintética do campo, a piques de cumprir os 12 anos, atópase actualmente en malas condicións debido ao seu uso intensivo e ao ter superarado a súa vida útil recomendada.
As obras consistirán no tratamento previo do terreo e a colocación de 6.784 metros cadrados de tapete. Ademais aplicaranse preto de 40 toneladas de area e outras 30 toneladas de caucho.
Segundo explicou o Concello de Ponte Caldelas, a intención é poder licitar os traballos canto antes para tentar que o campo poida estrear nova herba artificial coincidindo co inicio da próxima tempada.
Relacionadas:
-
Adxudicado o novo céspede artificial do campo de fútbol e a pista de pádel de Chan da Barcia
Por Redacción |
-
Licitan as obras do novo céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia
Por Redacción |
-
O Concello recoñece o traballo da SCD Ponte Caldelas coa Escola Deportiva e co equipo feminino
Por Redacción |
-
Incremento da subvención municipal á SCD Ponte Caldelas
Por Redacción |