Un ano 2018 cargado de eventos deportivos en Marín
Por Redacción
Se o ano 2017 foi especial en materia deportiva en Marín, tal e como se reflectiu na recente Gala do Deporte Local, o 2018 non se vai a quedar á zaga.
Entre as citas destacadas, xa confirmadas polas respectivas federacións deportivas, destacan por segundo ano consecutivo a Supercopa de España de Judo (7 de abril), o Campionato de España Infantil Masculino de baloncesto (10 ao 16 de xuño), o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Kick Boxing (11 ao 13 de maio) ou o Campionato de España de Remo Olímpico na modalidade de 'yolas' (27 e 28 de outubro) incluído dentro da Semana Abanca de deportes náuticos.
Importantes citas que atraerán á vila a un gran número de competidores e que se completan con outros eventos de nivel autonómico como o V Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket (10 e 11 de febreiro), o Campionato Galego de Kick Boxing (17 de febreiro), a Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática (24 e 25 de febreiro), o Campionato Galego de Seleccións Cadete e Infantil Feminino de Fútbol Sala (28 de marzo) ou o Campionato Galego de 10.000 en ruta (28 de xullo).
Todos estes campionatos e torneos contan xa con data definida, pero Marín conta con repetir como sede de eventos como a Copa de España de Mulleres de ciclismo en ruta. Tampouco se fixou a data para o Campionato Galego de Halterofilia ou os campionatos galegos escolares de judo e ximnasia rítmica.
A todo iso uniranse como cada ano organizan os clubs deportivos de Marín como a carreira popular Pinga Pinga, a milla urbana San Miguel, o torneo de fútbol Vila de Marín ou a Masterclass do Club In Mare, entre outros.
Este completo calendario fai ao Concello asegurar que 2018 será "un dos mellores anos en oferta deportiva, para todos os públicos, que se lembre".
Relacionadas:
-
Máis de 400 remeiros tomarán parte en Marín no Campionato de España de 'Yolas'
Por Redacción |
-
Marín prepárase para acoller o "evento más grande" do kick boxing nacional
Por Diego Espiño |
-
A Copa Galicia de Ximnasia Acrobática non defraudou na Raña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Campionato Galego de Kick Boking reunirá 250 deportistas no Sequelo
Por Redacción |
-
Marín renova o seu convenio coa Federación e mantense como eixo do baloncesto galego
Por Redacción |
-
Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2017
Por Redacción |
-
Marín repetirá en 2018 como sede do Nacional Infantil de baloncesto, esta vez masculino
Por Diego Espiño |