Príncipe Felipe confírmase como un dos puntos clave do deporte pontevedrés
Por Redacción
Preto de 15.600 deportistas utilizaron ao longo do ano 2017 as instalacións deportivas da Cidade Infantil Príncipe Felipe, segundo os datos facilitados pola Deputación de Pontevedra.
Esta cifra reflicte a importancia que adquiriron estas instalacións para o deporte pontevedrés, dando servizo a máis de 50 clubs.
O campo de fútbol foi utilizado semanalmente por 47 equipos da provincia, mentres que no pavillón adestraron clubs como o Cisne de balonmán, o CAB Pontevedra de baloncesto, o Treboada de ximnasia ou o Cidade de Pontevedra e o InterPontevedra de fúbol sala. Ademais o Tenis de Mesa Monte Porreiro disputa habitualmente os seus encontros de División de Honra.
Tamén durante 2017 en Príncipe Felipe desenvolvéronse diferentes eventos deportivos, ata 23, tales como concentracións de equipo profesionais, campionatos galegos, campus de tecnificación ou torneos infantís. A través destes eventos pasaron polas instalacións deportivas máis de 5.200 persoas.