Chega o central uruguaio Darío Flores, sae Etxániz
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol presentou este luns no Estadio Municipal de Pasarón a que é a súa terceira fichaxe invernal, o central uruguaio Darío Flores.
O defensor, de 33 anos e que conta coa nacionalidade italiana, procede do CA Cerro da Primeira División do seu país, e pasou ao longo da súa carreira por clubs como o Peñarol, Racing de Montevideo, o Cluj romanés ou o Perugia italiano, entre outros.
"Es un futbolista que viene con experiencia para aportarnos eso que nos falta atrás, un poquito de intensidad, oficio",, explicou o conselleiro responsable da plantificación deportiva do equipo, Roberto Feáns.
Darío afronta así a súa terceira experiencia no fútbol europeo comprometéndose cos granates ata final de tempada con opción a prolongar a súa vinculación unha campaña máis.
"Estoy contento por este nuevo desafío y por poder aportar lo mío", sinalou na súa primeira comparecencia o central, para quen o Pontevedra "me ofreció un proyecto que creo que es muy bueno".
Tras a súa chegada este luns á cidade de Lérez, Darío Flores poñerase ás ordes de Luismi o vindeiro mércores, ao descansar o primeiro plantel este martes, e podería debutar se o técnico considérao no choque do próximo domingo ante o Fuenlabrada en Pasarón.
JON ETXÁNIZ, O DAMNIFICADO
Para que se produza unha entrada debe haber antes saídas, explicaron os responsables do club desde que se plantexaron acudir ao mercado, e nesta ocasión o prexudicado foi Jon Etxániz.
O dianteiro vasco, que xa non entrara nas últimas convocatorias do equipo, desvinculouse do Pontevedra deixando a súa ficha sénior libre para a contratación do central.
"Él no quería irse", recoñeceu Roberto Feáns a preguntas dos medios de comunicación deixando entrever que se produciu unha negociación económica co xogador xa que "tenía un contrato en vigor que había que resolver".
Etxániz pon así fin a unha breve etapa en Pasarón na que xogou 21 encontros entre liga e Copa do Rei anotando 4 goles.
LUISMI, CONFIRMADO
Na súa comparecencia pública, Roberto Feáns confirmou que o club conta con Luismi como adestrador do primeiro equipo sinalando que "yo creo que está más que confirmado", xa que "nos habíamos marcado un plazo para tomar una decisión pero creo que la hemos tomado". Desta forma salvo que os resultados ditaminen o contrario, o técnico manterase no banco granate ata final de tempada.
Relacionadas:
-
Machada ante o líder dun Pontevedra que dá motivos para a esperanza (3-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Duelo de máxima esixencia ante o líder para un necesitado Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Eder Díez aterra no Pontevedra: "No puedo prometer 20 goles, pero sí mucha entrega"
Por Diego Espiño |
-
Tratamento para o maltreito céspede do Estadio Municipal de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra dá a baixa a Carlos Ramos e 'pesca' en Portugal o dianteiro Eder Díez
Por Diego Espiño |
-
Malestar no Arosa polo achegamento do Pontevedra a Javi Pazos
Por Diego Espiño |
-
Negado en ataque o Pontevedra paga o seu descoido inicial fronte a un discreto Toledo (1-0)
Por Redacción |
-
Pibe asina co Pontevedra ata final de tempada con opción a outra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra fai oficial a saída de Bruno Rivada, que marcha ao Mirandés
Por Diego Espiño |