O Pontevedra Mareantes salva a categoría e xogará polo título galego
Por Redacción
Respira tranquilo o Pontevedra Mareantes Rugby Club, que xogará unha tempada máis na Primeira División Galega despois de certificar a permanencia na última xornada da liga regular.
O equipo pontevedrés non puido vencer ao Keltia (51-33) pero os tropezos dos seus perseguidores, o CRAT Coruña B e o Coreti Lalín ante Os Ingleses e CR Ferrol respectivamente mantéñenlle na cuarta posición, polo que xogará o play-off polo título.
Farao con todo contra o gran favorito e campión da competición regular, Os Ingleses, nun encontro que se disputará o 10 de febreiro en Vilagarcía.
En canto ao partido ante o Keltia, en Ourense, o Pontevedra Mareantes xa coñecía o resultado dos seus rivais ao saltar ao campo e iso deulle tranquilidade. Iniciaron o choque con certos descoidos e aínda que mantiñan a posesión de balón máis tempo que o seu rival ofensivamente non sacaban rendemento, e si o facía o Keltia para chegar ao descanso cun 41 a 12.
Os pontevedreses melloraron na segunda metade, sobre todo en defensa, e mostraron unha boa imaxe para anotar en varias ocasións, lograr bonus ofensivo e recortar a distancia ata o 51-33 final.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Mareantes cae en Vilagarcía e despide a súa primeira liga en conxunto
Por Redacción |
-
O Pontevedra Mareantes non pode cos Ingleses na ida da semifinal polo título galego (14-32)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Triunfo vital para o Pontevedra Mareantes ante o CRAT de Coruña no seu primeiro partido do ano
Por Redacción |