Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2017
Por Redacción
Cheo absoluto no Salón de Plenos do Concello de Marín na Gala do Deporte local celebrada este venres ante a presenza de autoridades, familiares, amigos e veciños dos galardoados.
En total entregáronse 11 premios e dúas distincións recoñecendo o traballo e esforzo de deportistas e clubs ao longo do último ano nun acto conducido por Terio Carreira, xornalista da Televisión de Galicia.
Dous taekwondistas como Arlet Ortiz, medallista europea junior, e Pablo Fernández, campión nacional e participante no Mundial, foron premiados como mellores deportistas de 2017.
Foi a gala do taekwondo xa que o seu club, o Mat's, foi recoñecido como mellor club do ano, Iván García foi seleccionado como mellor deportista revelación masculino e Damián Garrido na categoría de veteranos.
Tamén foron premiados Paula de la Torre (atletismo) como mellor deportista revelación feminina, José Francisco Juncal (atletismo) como mellor adestrador, Aarón Ortiz (tríatlon) como mellor deportista con discapacidade, Celso Méndez Fraguas pola súa traxectoria, a Supercopa de España de Judo como mellor evento e a empresa Ence como reconocimento ao seu apoio en forma de patrocinios.
Por último entregáronse dúas mencións especiais a Alberto Teijeira, adestrador do Team Thunder de boxeo, e a Hugo Mallo, futbolista do Celta de Vigo.
Relacionadas:
-
O marinense Hugo Mallo fai historia no Celta como o seu segundo xogador con máis partidos oficiais
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de Terio Carrera: Il 'gentleman' di sport
Por Marisa Ciordia |
-
Un ano 2018 cargado de eventos deportivos en Marín
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Pablo Fernández, mellores deportistas do ano en Marín
Por Redacción |