A vinculación de Charo Castro coa Sociedad Gimnástica se retrae á súa adolescencia, cando con catorce anos comezou a adestrar. Logo retomou coa actividade deportiva dos seus tres fillos. É licenciada en Dereito e exerce como procuradora nesta capital.
Charlamos no Cara a cara de PontevedraViva Radio coa que vai ser a primeira muller que presida a Gimnástica. No seu equipo non vai prescindir do seu predecesor, cuxo traballo encomia.
"Ramón Touza ten o listón moi alto. Segue aí apoiando, axudando e ensinándonos como hai que facer as cousas porque controla perfectamente o seu funcionamento. Touza sempre estivo a pé do canón e iso sempre me pareceu moi importante". Ademais contará con Santiago Ferrer Moreira, Julio Ventín, Santiago Ferrer Alonso, Luis Tojal, Gemma Blas, Alex Solla, David Boleas e Patricia Porto.
"Encantaríame que o equipo feminino ascendese e estivese tamén en División de Honra", aspira a nova presidenta, consciente ao tempo da contrapartida económica que ese feito leva. "Creo que agora o podemos conseguir perfectamente", afirma.
Ten moi presente de igual forma á base da Gimnástica: "é fundamental. É un gusto ver adestrar aos máis pequenos". Ampliar a capacidade da escola do club tamén é outro obxectivo no futuro próximo.