O SAPO inicia o ano cun bo papel en Carballo
Por Redacción
Nove metais, dous ouros e sete pratas, logrou o Club Salvamento Pontevedra (SAPO) nos campionatos galegos de salvamento acuático para categorías de base celebrados en Carballo.
Na competición representaron ao club pontevedrés: Silvia Fontenla, Uxía Amoedo Celia Lima, Iria Lloveres, Uxía Agís, Jorge Romero, Antía Pérez, Antón López, David Fernández, Xurxo Lorenzo, Antón Castaño, Pablo Bethencourt, Marcos Suárez e Uxía Bethencourt.
O nome propio no SAPO foi o de Uxía Amoedo ao lograr catro medallas de prata en 200 obstáculos, 100 metros combinada, 200 metros supersocorrista e 50 metros remolque maniquí.
Ademais o equipo cadete feminino logrou dous ouros e dúas pratas, completando o medalleiro pontevedrés na categoría alevín David Fernández cun segundo posto na proba de 50 metros remolque maniquí con aletas.
Foron tamén varios os deportistas que estiveron preto de subir ao podio nas súas respectivas categorías redondeando a actuación na primeira gran competición do ano.