A saída de Bruno Rivada cara o Mirandés, pendente só de pequenos detalles
Por Diego Espiño
Pontevedra e Mirandés negociaron nas últimas horas a saída de Bruno Rivada, que pasará a formar parte do conxunto burgalés converténdose na terceira baixa do equipo no mercado invernal tralas de Víctor Mongil e Miguel Ángel.
O acordo entre os clubs está ultimado a falta só de concretar pequenos detalles, aínda que o anuncio oficial está á espera de atopar a un substituto.
Bruno, canteirán granate, abandonará así a entidade despois de varias tempadas co primeiro equipo, no que foi gañando protagonismo desde a volta da súa cesión a Bertamiráns ata converterse nun dos xogadores máis utilizados por Luisito na últimas tempada.
O central redondelano coincidirá en Miranda de Ebro con Pablo Alfaro, ex-adestrador do Pontevedra, ao que convence a súa mocidade e a versatilidade que pode achegar á liña defensiva ao poder actuar tanto de central como de lateral.
A súa saída deixará libre unha praza para un futbolista en idade sub-23 dentro dos reforzos que quere incorporar o club de Pasarón, cuxas prioridades pasan por incorporar ata dous centrais, demarcación na que interesa sumar experiencia, un extremo e un dianteiro.
Relacionadas:
-
O Pontevedra fai oficial a saída de Bruno Rivada, que marcha ao Mirandés
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Burgos (2-0) para avanzar a cuartos de final da Copa Federación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Toledo prescinde de Onésimo a poucos días de recibir o Pontevedra
Por Redacción |
-
A Copa Federación volve a escena
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Lupe Murillo recoñece ter visto "dos o tres ubicaciones" para construír unha cidade deportiva
Por Ramiro Espiño |
-
Algo máis que tres puntos para o Pontevedra que respira gañando o Cerceda (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Incorporar dous centrais, prioridade do Pontevedra antes do peche do mercado
Por Diego Espiño |