Irene Trabazo asina en Nommay o seu mellor papel na Copa do Mundo de ciclocrós
Por Redacción
Valiosa experiencia para Irene Trabazo en Francia nunha nova participación na Copa do Mundo de Ciclocrós, na proba de Nommay que afrontou dentro da súa preparación para o Campionato do Mundo da especialidade á que foi convocada.
A ciclista marinense cruzou a liña de meta no posto 39, o que supón a súa mellor clasificación na proba da Copa do Mundo, entrando ademais no top-10 da categoría sub-23.
Irene investiu 52 minutos e 34 segundo en completar o percorrido, a 7:31 da vencedora, a estadounidense Katherine Compton.
Dentro da súa preparación para o Mundial de Valkenburg, a deportista do Marín-Ottoman repetirá experiencia a próxima fin de semana na última cita puntuable da Copa do Mundo en Hoogerheide, nos Países Baixos.
En Nommay, o ciclocrós galego contou ademais cunha nutrida representación e notables resultados, como a décima posición do junior Carlos Canal, mentres que Iván Feijóo foi vixésimo segundo na categoría sub-23 masculina.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo, satisfeita coa súa primeira participación mundialista
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo, convocada para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo colga a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo imponse a Lucía Vázquez e coróase como campioa galega de ciclocrós
Por Redacción |