Charo Castro, nova presidenta da Sociedad Gimnástica
Por Diego Espiño
A Sociedad Gimnástica de Atletismo abre unha nova época con Charo Castro como presidenta da veterana entidade.
A súa foi a única candidatura presentada en tempo e forma no proceso electoral aberto no club, polo que será proclamada como dirixente na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo 25 de xaneiro sucedendo no cargo a Ramón Touza, presidente durante os últimos 22 anos.
"Lo que quiero es hacerlo tan bien como lo hizo Ramón", asegura ao asumir "un reto importante" e "algo inesperado" cando decidiu colaborar coa anterior xunta directiva facéndose cargo da organización das viaxes, pero que encara "con mucha ilusión y muy arropada" por pais e compañeiros.
Charo Castro: "Queremos que la Gimnástica siga creciendo, sobre todo en la base"
Durante os próximos catro anos Charo tentará que "la Gimnástica siga creciendo, sobre todo en la base", avanza, dando continuidade ao traballo das últimas tempadas.
Todo eles sen descoidar aos máximos referentes do club, os equipos absolutos, onde asoma un soño, conseguir "que el equipo femenino ascienda y acompañe al masculino en División de Honor" porque "sería muy importante para la ciudad".
Sabia nova para a Sociedad Gimnástica, un club con 90 anos de vida ao que aínda lle quedan moitas batallas que afrontar.
Relacionadas:
-
Lores recibe a Charo Castro, nova presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
-
A Gimnástica será anfitrioa na primeira xornada da Primeira División Feminina de atletismo
Por Diego Espiño |
-
Os ximnásticos Manuel Hurtado e Inés Castaño, campións galegos de cros
Por Redacción |
-
Os equipos da Gimnástica dan o talle no Campionato Galego de Cros Curto
Por Redacción |
-
RADIO.- Charo Castro: "Touza sempre estivo a pé do canón na Gimnástica e iso sempre me pareceu moi importante"
Por Marisa Ciordia |
-
A Gimnástica abre unha nova época coa marcha de Ramón Touza
Por Redacción |
-
Ramón Touza: "creo que o futuro da Gimnástica está ben encamiñado"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |