Universidad de Alicante convértese na particular "besta negra" do Poio Pescamar (1-3)
Por Redacción
Recibía o Poio Pescamar na Seca á súa particular "besta negra", Universidad de Alicante, un equipo que tradicionalmente se lle adoita atragantar ás mozas de Marcio Santos, e que unha vez máis deu boa proba do seu potencial e serias aspiracións ao título ligueiro levándose os tres puntos.
Un "hat-trick" de Sara Navalón terminou coas ilusións das "rojillas", penalizadas por dous graves erros inviduales que custaron dous dos tantos visitantes.
O partido comezaba con ocasións de marcar para as locais, que ao comezo dominaban a un equipo alacantino pechado defensivamente. Pero ese dominio non se materializou en nada positivo, e serían as visitantes quenes poñerían o marcador ao seu favor con dous goles no primeiro cuarto do choque.
Así, aos cinco minutos, Sara Navalón recibía un pase de Mariángeles Piñeiro e remataba cruzado superando a Silvia e a mesma Sara Navalón de forte disparo facía o 0-2, pouco despois dos dez minutos.
Tras o descanso Ceci abría a porta á esperanza superando por baixo a Elena, acariñando o empate cun remate de Iria Saeta que se foi á madeira.
Con todo, cando máis o buscaba e merecía o Poio Pescamar de novo apareceu Sara Navalón para abrir distancias e poñer o 1-3 que resultaría definitivo.
A falta de tres minutos, Marcio Santos optou polo xogo de cinco, pero Universidad de Alicante defendeuse ben para terminar levándose a vitoria.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Ale de Paz, Ceci, Iria Saeta e Jenny (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carolina e Patri Corral.
UNIVERSIDAD DE ALICANTE (3): Elena; Sara Navalón, Lara Terrés, Ana María Piñeiro e Carmen García (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mariángeles Piñeiro, Elena García, Ángela Mingot, Pao Cartaxena e Mónica Castelo.
Goles: (0-1) Minuto 5: Sara Navalón. (0-2) Minuto 12: Sara Navalón. (1-2) Minuto 23: Ceci. (1-3) Minuto 36: Sara Navalón.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar repite proeza e volve gañar a domicilio o líder Atlético Navalcarnero (2-3)
Por Redacción |
-
A segunda volta arranca para o Poio Pescamar con reforzo e visita ao líder
Por Redacción |
-
Segue en horas baixas o Poio Pescamar cedendo tamén en Murcia (4-3)
Por Redacción |
-
Un rival "moi difícil" para o Poio Pescamar na súa volta á competición
Por Redacción |
-
Xa se coñecen os candidatos aos premios de deporte Poio Móvese
Por Redacción |
-
Silvia Aguete entre as dez nomeadas a mellor porteira do mundo
Por Redacción |