O waterpolo galego de base arranca o ano no CGTD
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será este ano a casa do waterpolo autonómico, empezando polo Campionato Galego Alevín Mixto que se disputará o vindeiro sábado 13 de xaneiro.
"Es el primero de siete que vamos a organizar este año", sinalou na presentación do evento Javi de Sáa, director técnico do Club Waterpolo Pontevedra.
Ademais do club anfitrión, que competirá con dous equipos, tomarán parte no torneo o RCN Vigo, CW Santiago (A e B) e Marina Ferrol.
O Campionato Galego celebrarase en xornada intensiva de 11:30 a 13:30 horas e de 16:15 a 20:15 horas, con entrada libre ás instalacións do CGTD.
Unha semana máis tarde, o sábado 20 de xaneiro, tomará a testemuña o Campionato Galego Benxamín no que xogarán Waterpolo Pontevedra e CW Santiago.