O Peixe Galego trasládase ao CGTD de Pontevedra polas obras na Raña
Por Redacción
O partido entre os dous primeiros clasificados do Grupo A-B da Liga EBA de baloncesto, entre Marín Peixe Galego e Gijón Basket, disputarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
O club marinense vese obrigado a cambiar polo menos por unha semana de sede debido ás obras que se están acometendo na súa pista habitual de xogo, o pavillón da Raña.
Trátase dun encontro que pode supoñer un paso de xigante para os de Javi Llorente cara aos play-off, xa que no caso de vencer aventaxarían en catro en triunfos ao seu principal perseguidor na táboa.
O partido disputarase o sábado 13 de xaneiro ás 19:45 horas e a entrada será de balde para o público, coa intención de facilitar o desprazamento á afección de Marín.
RESCISIÓN DE CONTRATO DE BRENT CALHOUN
Noutra orde de cousas, o Peixe Galego anunciou este martes a marcha de Brent Calhoun, xogador estadounidense que non volveu ao equipo tras as vacacións de Nadal.
Calhoun, que chegou o pasado verán ao club, xogou coa camiseta peixe un total de 13 partidos, alcanzando neles 13 puntos e 7,3 rebotes.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego trasládase unha xornada máis ao CGTD de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Peixe Galego abre brecha co segundo clasificado
Por Redacción |
-
O Pavillón da Raña retomará a actividade deportiva nunha semana
Por Oskar Viéitez |
-
O Peixe Galego completa unha primeira volta de competición inmaculada
Por Redacción |
-
O Peixe Galego non se conforma e reforza o seu equipo co base Jacobo de Benito
Por Redacción |