Nacho López, o lateral dereito que buscaba o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol atopou no mercado ao lateral dereito que buscaba para cubrir os ocos que quedaron no seu plantel.
Trátase de Nacho López, futbolista asturiano de 30 anos que procede do Lealtad, actual decimo sétimo clasificado do Grupo II da Segunda B.
O defensor militou a pasada campaña na Ponferradina e anteriormente pasou por clubs como o Caudal, Real Avilés e Oviedo, incluíndo un ano en Segunda División.
No actual curso disputou os 20 partidos de liga ata a data, 19 deles como titular.
Nacho López chega como substituto de Miguel Ángel, do que non se agarda o seu regreso sendo xunto a Mongil as dúas baixas rexistradas ata a data.
Será presentado oficialmente oficialmente o vindeiro xoves ás 12:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra busca no mercado invernal un central, un extremo e "veremos si un delantero"
Por Diego Espiño |
-
Nacho López preséntase co Pontevedra convencido de que "vamos a sacar esto adelante seguro"
Por Diego Espiño |
-
Viaxe vista e non vista a Burgos para a cita copeira
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Luismi relativiza a Copa Federación: "nuestro objetivo es pensar en el domingo"
Por Ramiro Espiño |
-
Un Pontevedra de dúas caras sofre ao comezo e merece máis despois ante o Celta B (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Víctor Mongil, primeira baixa no Pontevedra
Por Ramiro Espiño |