Ante o Celta B viviu a súa primeira xornada como adestrador do primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol, e xa pensa no futuro inmediato do equipo, ao que pide que "olvide lo pasado".
Luís Miguel Areda 'Luismi', que se define como "un empleado del cub", visitou este luns o programa La Trastienda de PontevedraViva Radio e analizou a actualidade dos granates nunha semana na que deben afrontar ademais o encontro de ida dos oitavos de final de Copa Federación en Burgos, este mesmo mércores.
"Nuestro objetivo es pensar en el domingo. Más que nada será un entreno de calidad que nos tiene que servir para seguir viendo a los futbolistas", recoñeceu o técnico aínda que sen renunciar a competir.
A importancia céntrase en chegar en boas condicións á 'final' do domingo en Bouzas, un choque no que as condicións do terreo de xogo do Baltasar Pujales obrigarán a renunciar por un día algunhas das ideas que quere impoñer. "A idea evidentemente é facer un futbol combinativo no que levemos o control do xogo pero hai partidos no que non podes facelo", defende pensando que "también te tienes que adaptar a dónde vas a jugar, al rival".
O preparador granate é consciente da súa situación de interinidade, pero móstrase convencido e disposto a aproveitar a oportunidade que lle deu o club, e senón regresará "sin ningún problema" ao equipo xuvenil.
En canto a fichaxes ou posibles saídas, Luismi asegura que "lo único que hemos hablado es de la posibilidad de un lateral derecho", posición na que actualmente só conta cun especialista, o xuvenil Juan Barbeito, un mozo no que "no podemos cargar toda la responsabilidad, no podemos ni debemos", defende.
O resto de posibles movementos "no lo valoro", declarou en PontevedraViva Radio, xa que "a día de hoy yo con los futbolistas que tengo estoy muy contento". Toda unha declaración de intencións de alguén que quere demostrar que está preparado para sacar ao Pontevedra da complicada situación que vive na liga.