Para empezar o ano, derbi provincial ante o Celta B
Por Diego Espiño
Ano novo, novo adestrador e primeira oportunidade do Pontevedra para demostrar que quere deixar atrás o seu mal inicio da tempada.
O público do Estadio Municipal de Pasarón espera ver reaccionar ao seu equipo no arranque da segunda volta, coa visita este domingo (17:00 horas) do filial do Celta de Vigo, para afastar a pantasma do descenso.
Luismi tivo dúas semanas para preparar o choque e facer méritos para opositar ao posto de adestrador do primeiro plantel ata final de curso, o que pasa por vencer e convencer ante o actual cuarto clasificado do Grupo I da Segunda División B.
O técnico non poderá contar para a súa estrea con Kevin Presa por sanción e tampouco con Prosi por lesión, debido a molestias musculares, provocando novidades polo menos na liña medular. O resto de xogadores do plantel foron citados para o encontro.
Tampouco estará no céspede Víctor Mongil, primeira saída no mercado invernal e que xa asinou co Atlético Levantino da Terceira División ata o final de tempada.
O colexiado designado para dirixir o choque é o castelán-leonés Fernando Román Román.
Relacionadas:
-
Un Pontevedra de dúas caras sofre ao comezo e merece máis despois ante o Celta B (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Víctor Mongil, primeira baixa no Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Luismi aposta pola posesión e por un Pontevedra que "sexa dominador dos partidos"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aposta por Luismi, que sentará no banco ante o Celta B
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Luismi asume o mando no Pontevedra á espera do novo adestrador
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |