A Copa de Clubs de Pista Cuberta, primeiro test serio para a Sociedad Gimnástica
Por Redacción
Co inicio do ano chegan as primeiras competicións importantes para a Sociedad Gimnástica, co obxectivo de perfilar os equipos que competirán nas ligas de División de Honra masculina e Primeira División Feminina.
Un test serio será a XIV Copa Galicia de Clubs en Pista Cuberta que terá lugar o vindeiro domingo 7 de xaneiro na recentemente estreada pista de atletismo de Ourense.
Alí a Gimnástica defenderá o título logrado a pasada campaña en categoría masculina ante Real Club Atletismo Celta, C.A. Narón, C.A.Santiago, Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña, ADAS-Prionor y Marineda Atlético.
Pola súa banda na categoría feminina ademais do club pontevedrés participarán o RIA ferrolán, Atletismo Femino Celta, ADAS-Proinor, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Santiago, Escola Atlética Lucense e Riazor Coruña.
Será demais unha boa oportunidade para ver en acción ás novas incorporacións ximnásticas nun ano de renovación nos seus equipos.
TERCEIRO POSTO NO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS
Se a Copa Galicia será a primeira cita de 2018, a última de 2017 foi o Campionato Galego de Probas Combinadas, celebrado tamén en Ourense e que tivo como protagonismo ao Celta, vencedor en ambas as categorías.
A Gimnástica logrou nesta competición situarse no terceiro posto na categoría masculina. Ademais conseguiu varios podios individuais por medio de Clara Rivas no pentathlon sub-18(bronce) e Raúl Cortizo (prata) e Pablo Tojal (bronce) no heptathlon sub-18.
Relacionadas:
-
Ouro masculino e bronce feminino para a Gimnástica na Copa Galicia de Clubs
Por Redacción |
-
A Gimnástica abre unha nova época coa marcha de Ramón Touza
Por Redacción |
-
Alberto Salcedo destaca no II control de inverno en Sevilla
Por Redacción |
-
A Gimnástica non perdeu a estrea da pista de atletismo cuberta de Ourense
Por Redacción |