Dispositivo especial de tráfico con motivo da San Silvestre
Por Redacción
A carreira San Silvestre, habitual cita deportiva central do fin de ano en Pontevedra, implicará, un ano máis, un operativo especial de tráfico da Policía Local.
A carreira está prevista para as 17.00 horas deste domingo 31 con saída e chegada na avenida de Montero Ríos e terá, tal e como xa se ten anunciado, un percorrido de 5.000 metros. Por todas esas rúas e prazas, o tráfico estará pechado.
O dispositivo de tráfico non implica restricións de estacionamentos, se ben os vehículos que se atopen estacionados no percorrido non poderán moverse ata o remate da proba deportiva.
Os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que se restablecerá a circulación ao paso da proba. De feito, o percorrido iniciarase polas rúas de máis intensidade de tráfico (praza de Galicia, Raíña Vitoria e Alameda), de modo que se poderá retomar a circulación en toda esa zona en menos de dez minutos.
A proba ten unha duración aproximada dunha hora desde a súa saída na avenida de Montero Ríos e pasará polas rúas Alameda, Raíña Vitoria, praza da Liberdade, Xeneral Rubin, Igresias Vilarelle, alcalde Hevia, Augusto Gonzalez Besada praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, García Camba, Oliva, Marques de Riestra, praza de España: Michelena, Soportais Ferrería, Curros Enríquez, Real , Sarmiento, Padre Amoedo, Cruz Vermella, Bos Aires, Serra, Valentin Garcia Escudero, Ponte, Arcebispo Malvar, Pardo Bazan, Xeneral Martitegui, Enrique Marescot e praza España.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A San Silvestre volve bater récords, con 6.450 corredores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A San Silvestre reclama protagonismo na última semana do ano
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño |
-
As inscricións para a XXXIV San Silvestre de Pontevedra, a partir do día 18
Por Redacción |