Luismi asume o mando no Pontevedra á espera do novo adestrador
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O campo da Seca, en Poio, foi escenario este martes da volta ao traballo do Pontevedra Club de Fútbol tras unha semana de descanso polas festas do Nadal, un regreso aos adestramentos que tivo un protagonista por encima de todos, Luis Miguel Areda 'Luismi'.
O técnico do xuvenil de División de Honra, ex-xogador do club, foi o encargado de dirixir a sesión e asume o mando mentres se negocia a contratación dun novo adestrador que substitúa ao cesado Luisito.
Neste aspecto o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, presente en Poio sinalou que "tenemos ahí dos o tres nombres que estamos más encima" e cos que se segue negociando.
Roberto Feáns: "La opción de Luismi siempre está ahí"
Con todo Feáns non descarta que a opción da casa sexa finalmente a escollida, ao recoñecer que "no descartamos a ninguno" e "la opción de Luismi siempre está ahí". De feito, no caso de non fructificar durante esta semana as conversas con outro técnico, esta idea gañaría moitos enteiros para chegar polo menos á primeira xornada da segunda volta, o 7 de xaneiro ante o Celta B.
"Tenemos cosas abiertas pero dependerá un poco con el paso de los días. Es cierto que hablamos con mucha gente pero no hemos llegado a entablar una negociación", explicou tras a sesión do primeiro equipo o director deportivo, que ademais traballa na incorporación de reforzos no mercado invernal, aínda que as fichaxes consultaranse co novo técnico.
Luismi, que conta co apoio de Jesús Ramos, Miguel Arcos e Ramón Martínez 'Moncho' na parcela técnica, recoñeceu que asume o reto que se lle presenta "con moitas ganas e ilusión mentres esteamos aquí".
Luismi: "Temos moitas ganas e ilusión de estar aquí e poder axudar a que o Pontevedra salga desta situación"
Ante a posibilidade de que poida facerse cargo do equipo ata final de tempada, o preparador declarou que "é para o que nos estamos preparando cada día, para se chega algunha vez a posibilidade pois collela. Evidentemente non é nas mellores circunstancias porque é polo despido dun compañeiro pero ao final o fútbol é así e se chega tes que aceptalo nas condicións que veñen".
Areosa en categorías inferiores, o xuvenil de División de Honra do Celta de Vigo e o Mondariz e o Atios en Preferente é o currículo que acumula Luismi nos últimos anos antes de aterrar en casa granate.
A primeira sesión de traballo tras as vacacións contou coa única ausencia de Miguel Ángel, que se mantén como baixa e do que "lo único que sabemos es que está enfermo y nos envía los partes", reiterou Feáns. O resto de futbolistas do primeiro plantel exercitouse sen problemas, incluídos os xogadores como Añón e Prosi que marcharon de vacacións arrastrando problemas físicos.
Relacionadas:
-
Para empezar o ano, derbi provincial ante o Celta B
Por Diego Espiño |
-
Víctor Mongil, primeira baixa no Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Luismi aposta pola posesión e por un Pontevedra que "sexa dominador dos partidos"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aposta por Luismi, que sentará no banco ante o Celta B
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Á caza do novo adestrador
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Luisito despídese "cunha mochila cargada de orgullo" por ter adestrado "a un club inmenso"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Luisito xa non é adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |