A afección asturiana premia a Aarón González como mellor boxeador amateur do ano
Por Redacción
Organizada polo club Toa Gym, a cidade asturiana de Avilés foi escenario dunha gala de boxeo na cal o marinense Aarón González tería un gran momento de protagonismo, recibindo un galardón que se estreaba nesta ocasión polo cal a afección ao boxeo de Asturias premiáballe como mellor boxeador amateur do panorama nacional en 2017.
O premio é unha satisfacción para o boxeador e para o seu equipo, o Team Thunder de Marín, que pecha así o mellor ano no seu curta pero intensa historia.
Aarón termina 2017 cun total de 26 combates con 20 vitorias, unha prata no Odivelas Box Cup, unha medalla de ouro na I Copa Galicia e o cinto de Campión de España do peso Welter.
O mellor ano da carreira de The Thunder e o mellor ano do club marinense, que tamén se confirmou a nivel nacional con medallas en todas as súas categorías, participación en eventos internacionais con varias medallas e cun gran crecemento en calidade e cantidade dos seus competidores.
En 2018 as miras están postas en seguir crecendo e mellorando estes logros, con eventos de gran nivel en Marín e con máis medallas a nivel nacional e internacional.
Relacionadas:
-
Aarón González comparte ring co campión europeo
Por Redacción |
-
Aarón González, recoñecido como mellor boxeador amateur español de 2017
Por Redacción |
-
Aarón González arranca o ano de boxeo con boas sensacións
Por Redacción |
-
O Concello de Marín, premiado pola Federación Galega de Boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder presume de campión de España de formas de boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder de boxeo, ante unha das semanas con máis actividade do ano
Por Redacción |