A Illa das Esculturas acollerá en 2019 o Campionato de España de Ciclocrós
Por Diego Espiño
O ano 2019 comezará en Pontevedra cunha competición de nivel, o Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará nun lugar privilexiado, a Illa das Esculturas.
Así o confirmaron este xoves a Real Federación Española de Ciclismo e a Federación Galega a través dun breve comunicado, no que sinala que a competición se desenvolverá entre o venres 11 e o domingo 13 de xaneiro.
Pontevedra sucederá así á localidade vasca de Legazpi, que acollerá a próxima edición do Nacional, entre o 12 e o 14 de xaneiro.
Segundo as previsións, espérase que a participación de preto de 800 deportistas no campionato, tendo en conta que se se disputa habitualmente nas categorías cadete, junior, sub-23, elite e master tanto masculina como feminina.
Trátase dun paso máis na aposta por recuperar para a cidade unha modalidade de ciclismo que durante anos tivo importante presenza e cuxo primeiro paso foi nos dous últimos anos formar parte da Copa Galicia da especialidade, en probas organizadas polo CD Pinarium no hipódromo de Campañó.
Relacionadas:
-
A Federación Española dá o visto e prace ao circuíto da Xunqueira para o Nacional de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo e Zoe del Río, representantes do Club Ciclista Marín no Nacional de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Irene Trabazo tras vencer na Copa de España Sub-23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
Gran xornada de ciclocrós en Campañó co II Trofeo Concello de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Irene Trabazo cúrtese na Copa do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |