O Arxil dá o OK á continuidade de Jelena Budimir ata final de tempada
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil aposta pola continuidade no equipo de Jelena Budimir ata final de curso.
En apenas 15 de días de traballo tras a súa chegada a Pontevedra a pívot serbia convenceu ao corpo técnico encabezado por Mayte Méndez, que cre que pode ser unha xogadora importante enchendo o oco deixado pola colombiana Narlyn Mosquera.
Aínda que nos dous partidos que disputou a súa presenza foi case testemuñal, con 12 minutos en pista en cada un dos encontros e unha media de 1 punto e 4 rebotes, o Arxil viu unha boa integración coas súas compañeiras e espera que este rendimento se vexa incrementado despois das vacacións de Nadal.
Budimir aproveitará agora os días de descanso para viaxar a Belgrado e retornar o día 28 de decembro, data na que o equipo verde retomará os adestramentos para preparar o primeiro partido do ano na Liga Feminina 2, o 7 de xaneiro na pista do Basket Mar Gijón.
Relacionadas:
-
As aspiracións do Arxil pasan por Barcelona
Por Redacción |
-
Claro triunfo do Arxil en Xixón na súa volta á competición (57-71)
Por Redacción |
-
Acabaron as vacacións para o Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil remonta no último parcial para anotarse o derbi ante Cortegada (77-68)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Barça CBS imponse con comodidade ao Arxil (78-58)
Por Redacción |
-
Jelena Budimir, unha trotamundos do baloncesto para reforzar o xogo interior do Arxil
Por Redacción |