Vilaboa premia aos seus mellores deportistas do ano
Por Redacción
O Concello de Vilaboa entregou nun sinxelo acto os premios aos deportistas locais máis destacados de 2017.
O principal recoñecemento levárono a biker Lucía Vázquez e o piragüista Antón Palmás como mellores deportistas do municipio. No caso de Lucía tivéronse en conta os seus resultados en varias categorías de ciclismo BTT e tamén de ciclocrós, mentres que Palmás destacou a nivel autonómico e nacional na modalidade de kaiak.
A alpinista Rosa Paredes e Celso Veras, ligado ao mundo do piragüismo, recibiron pola súa banda unha merecida homenaxe á súa traxectoria deportiva.
O mellor club de 2017 foi o Club Piragüismo Vilaboa, campión do Trofeo Princesa de Asturias e destacado no ránking da Federación Galega.
Ademais os premios a mozos deportistas foron para: Víctor Lozano (ciclismo BTT), Lucas Lozano (Ciclismo BTT), Noemí Vázquez (Kick boxing) e Abel Fernández (Piragüismo).