O Marcón segue a súa escalada e o Unión Grove dispárase na táboa de Preferente
Por Redacción
Valiosa remontada do Marcón Atlético a domicilio, no campo do Nogueira de Ramuín (1-2), que lle mantén á alza na clasificación de Preferente e faille distanciarse da zona de descenso.
O equipo pontevedrés aproveitou a expulsión da local Jota á media hora de xogo para remontar un choque que se lle complicou uns minutos antes co tanto Esteban.
Iván antes do descanso poñía o empate no marcador, e no segundo acto o Marcón buscou o segundo gol ata que o conseguiu no 71 por medio de Valiñas.
Tres puntos que sitúan aos de Borja Burgos na décimo terceira posición con 20 puntos.
Consulta a acta do Nogueira de Ramuín-Marcón Atlético.
Está de doce o Unión Grove, que co seu terceiro triunfo en catro xornadas colocouse en praza de ascenso directo, segundo aínda que cun encontro máis que os seus perseguidores.
O cadro meco impúxose con solvencia no campo do Ribeiro (0-2) nun encontro cun nome propio, o de Dieguito.
O dianteiro anotou os dous tantos do choque, nos minutos 43 e 58, materializando o bo facer do seu equipo para asegurar os tres puntos en xogo.
Consulta a acta do Ribeiro-Unión Grove.
Oportunidade perdida do Xuventú Sanxenxo para consolidarse na segunda praza ao empatar en Baltar de Arriba ante un rival directo, a UD Ourense (2-2).
Os amarelos adiantáronse no marcador e gozaron de dous goles de vantaxe, pero non foron capaces de aguantar o resultado cedendo o empate final.
Hugo no minuto 23 e Álex Corrales no 31 encarrilaban o partido na primeira metade, pero todo cambiou tras o descanso e o equipo visitante foi ao ataque para terminar igualando en apenas tres minutos, do 75 ao 78.
Con este resultado o Xuventú Sanxenxo cae á quinta posición con 33 puntos.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-UD Ourense.
Non tivo recompensa o esforzo do Campo Lameiro no complicado campo do Bande (2-0) encaixando unha derrota que lle deixa con 18 puntos a só tres do descenso.
Os verdes plantaron cara ao seu rival nunha competida primeira metade, pero xusto antes do descanso o Bande conseguiu adiantarse no marcador.
Foi un duro golpe que se viu referendado no ecuador da segunda parte cun penalti que supuxo o definitivo 2-0 e acabou coas esperanzas de puntuar do Campo Lameiro.
Consulta a acta do Bande-Campo Lameiro.
Segunda derrota consecutiva na liga do Beluso, que cedeu por un apertado 2-1 no campo do Moaña.
Foi un encontro moi igualado que se terminou decidindo no tramo final cando os de Bueu xogaban en inferioridade pola expulsión de Nacho Soage.
Tras a expuslió chegou o primeiro tanto local de penalti, no 72, pero o Beluso reaccionou e tamén desde os once metros lograba empatar o partido a falta de 10 para o final.
A alegría con todo durou pouco e o Moaña un minuto despois puxo o definitivo 2-1 no marcador.
Coa derrota o Beluso queda na décima posición con 22 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón vence sobre a bucina ao Gondomar e relánzase xunto a Campo Lameiro e Beluso
Por Redacción |
-
Goleada do Campo Lameiro e empate do Marcón na xornada aprazada de Preferente
Por Redacción |
-
Os equipos de Preferente pactan adiantar os partidos aprazados polo temporal
Por Redacción |
-
Xornada de Nadal no fútbol galego para recuperar os partidos suspendidos polo temporal
Por Redacción |
-
O Marcón segue subindo, o Campo Lameiro reencóntrase coa vitoria e o Sanxenxo tamén gaña
Por Redacción |