O Arxil remonta no último parcial para anotarse o derbi ante Cortegada (77-68)
Por Redacción & Diego Torrado
O dominio da pintura e un excelente último cuarto foron as claves da vitoria do Arxil no derbi provincial fronte a Cortegada. As arousanas víronse desbordadas nos últimos dez minutos nos que as mozas de Mayte Méndez realizaron unha gran defensa e afinaron no tiro para remontar e terminar vencendo con relativa comodidade.
Quince rebotes máis para o Arxil (44 por 31 do Cortegada) foron a clave dun triunfo no que foi tamén peza fundamental a achega de Chantel Charles (21 puntos, 11 rebotes e 30 de valoración individual), ben secundada por Ana María Román (18 puntos, 10 rebotes e 23 de valoración).
Por parte vilagarciana unicamente Sara Gómez e Belén Mejías presentaron un bo cartón individual, que non se viu acompañado da discreta achega das súas compañeiras.
Excelente ambiente no CGTD, con numerosa presenza de afeccionados visitantes, que comezaron vendo como o seu equipo mandaba no marcador e na pista, aínda que sempre co Arxil moi preto.
O primeiros dez minutos foron de mellor xogo e lixeiro dominio de Cortegada, que tomaba vantaxe (15-20), neutralizada polo Arxil no seguinte parcial (22-18) para irse ao descanso con igualdade case absoluta (37-38).
O terceiro parcial sería novamente pola mínima para as visitantes (17-18) que entraban con vantaxe de dous puntos (54-56) no que sería cuarto definitivo. Aí Arxil realizou o seu mellor basket, perfecto en defensa e con soltura en ataque, para ir abrindo brecha e remontar cun elocuente 23-12 que deixaba o marcador final nun 77-68 favorable ás pontevedresas.
Consulta as estatísticas do partido Arxil-Cortegada nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Claro triunfo do Arxil en Xixón na súa volta á competición (57-71)
Por Redacción |
-
Acabaron as vacacións para o Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil dá o OK á continuidade de Jelena Budimir ata final de tempada
Por Redacción |
-
Un derbi provincial entre Arxil e Cortegada para pechar o ano na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Barça CBS imponse con comodidade ao Arxil (78-58)
Por Redacción |
-
Jelena Budimir, unha trotamundos do baloncesto para reforzar o xogo interior do Arxil
Por Redacción |