Teucro-Barcelona no Municipal: Misión imposible?
Por Diego Espiño
O Pavillón Municipal dos Deportes vestirase este mércores (20:30 horas) de gala para pechar a primeira volta da competición na Liga Asobal recibindo ao todopoderoso Barcelona.
Un partido cunha "diferencia enorme y abismal" entre ambos os dous conxuntos, asegura Quique Domínguez encomiando o potencial dun dos mellores equipos do mundo. Non en balde o cadro catalán non perde un encontro en liga desde maio de 2013. Máis de catro anos nos que o seu único tropezo produciuse fai só dúas xornadas, cun empate en Guadalaxara.
A pesar diso "creo que no tenemos posibilidades de ganarle al Barcelona, para ser sinceros", recoñece o técnico pontevedrés, o que non quita para que o Teucro tente "luchar y esforzarse al máximo", xa que "es nuestra obligación hacer el mejor papel posible".
Só rozando a perfección e coincidindo cun pésimo día para os blaugranas as posibilidades dunha xesta aumentan. Pero no deporte todo pode pasar e os afeccionados pontevedreses soñan con que o seu equipo llepoida poñer as cousas difíciles aos de Pasqui, que chegan á Boa Vila mirando de esguello cara á Copa Asobal da próxima fin de semana.
Os azuis contarán coa sensible baixa de José Manuel Rial, a quen este martes realizóuselle unha resonancia magnética co obxectivo de determinar o alcance exacto da súa lesión, aínda que se teme que estea afastado durante meses das pistas de xogo. "Era un poco el líder de nuestra defensa", recoñece Domínguez, que tampouco poderá contar do mesmo xeito que nos últimos meses con Óscar Silva e Johnny Medina.
Pola súa banda o Barcelona chegará a Pontevedra coas baixas de Jure Dolenec e Lasse Andersson, polo que o xoven extremo zurdo Aleix Gómez completará a convocatoria de Pasqui.
Os colexiados do encontro serán os galegos Rodríguez Estévez e Rosendo López.
Relacionadas:
-
Honrosa derrota dun valente Teucro ante o todopoderoso Barcelona (28-38)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro teme que Rial padeza unha grave lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Non pode Condes de Albarei Teucro cun Bidasoa en alza (32-26)
Por Redacción |
-
Punto que vale ouro para o Teucro nun emocionante partido ante o Ciudad Encantada (21-21)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |