VÍDEO.- A Gladiator Race anuncia a apertura de inscricións para a súa cuarta edición en Pontevedra
Por Redacción
A Illa das Esculturas será escenario, por cuarto ano consecutivo, da Gladiator Race, carreira de obstáculos que se celebrará en Pontevedra o día 2 de xuño.
Así o confirmou a empresa responsable da organización xunto ao Concello de Pontevedra, Qualité Sport Events, marcándose como obxectivo reunir a preto de 2.000 deportistas a beiras do río Lérez sendo fiel ao seu espírito popular.
As inscricións para a IV Gladiator Race abren este martes 12 de decembro a través da web www.championchipnorte.com e a propia páxina do evento www.gladiatorace.es, con prezos reducidos durante os primeiros días, ata o domingo día 17 de decembro.
Obstáculos como as 'zamburguesas', os tobogáns cara ao río Lérez ou ramplas de gran dificultade estarán presentes unha vez máis na proba, que contará tamén con novos obstáculos.
Como en anteriores edicións poderase participar, de forma individual ou en equipos de ata 5 compoñentes, na categoría Warrior (11 quilómetros con 30 obstáculos) cun límite de 900 participantes, a categoría Rocket (6 quilómetros e 60 dificultades) con 660 prazas dispoñibles, e na versión infantil, a Gladiator Kids.
Relacionadas:
-
Os gladiadores pontevedreses poden con todo
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Todo a punto para a invasión de case 2.000 gladiadores
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
A Gladiator Race, preparada para dar batalla na Illa das Esculturas
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A cuarta edición da Gladiator Race supera o milleiro de inscritos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba
Por Redacción |
-
Máis de dous mil guerreiros invaden a Illa das Esculturas nunha espectacular Gladiator Race
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |