En marcha a reforma das pistas de atletismo de San Pedro
Por Redacción
A reforma das pistas de atletismo do Estadio Municipal de San Pedro, en Marín, empezan a converterse nunha realidade co inicio dos traballos por parte da empresa adxudicataria da obra, Stobita SC.
As máquinas comezaron a retirar o anterior pavimento, que se atopaba parcialmente levantado e en estado de abandono, previo paso a acometer un asfaltado da zona e a colocación da nova superficie.
O proxecto contempla a instalación dun novo pavimento deportivo para a práctica do atletismo e a execución dunha zona de adestramento para porteiros.
A instalación contará tras a súa reforma cunha pista de seis rúas, ao que se suman as pistas de salto de lonxitude e triplo salto, salto con pértega e foso para as carreiras de obstáculos.
Está previsto que as obras, financiadas mediante un convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Marín e que contan cun orzamento 314.600 euros, conclúan no prazo dun mes.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Unha estrea de altura para as novas pistas de atletismo de San Pedro
Por Diego Espiño |
-
O Bloque pregunta polo retraso nas obras da pista de atletismo de San Pedro
Por Oskar Viéitez |
-
Sae a licitación a reforma das pistas de atletismo de Marín por preto de 375.000 euros
Por Redacción |
-
Marín termina o proxecto de reforma das pistas de atletismo e avanza nun convenio para financialo
Por Redacción |